miércoles, 21 de mayo de 2014

Diario de sesións 4

Data : 
21/05/14

Tarefas realizadas :
Estivemos pensando como iamos realizar o anuncio e publicamos unha entrada no blog cos materiais necesarios.

Valoración : 
Traballamos moi ben e rematamos o traballo antes de acabar a clase, polo que, decidemos empezar a pensar como iamos realizar o anuncio.
Estela non viño á clase porque estaba enferma.

Materiais

Non necesitamos que o centro nos proporcione ningún tipo de material. Temos que realizar un Power Point, un guión da presentación e temos que preparar o anuncio e pegalo no Power Point. 

Na nosa presentación imos presentar o noso anuncio, a campaña e o lema de forma que sexa sinxela de entender. 

miércoles, 14 de mayo de 2014

Diario de sesións 2

Data :
14/5/14
Tarefas realizadas:
Hoxe fixemos os cambios de cargo, todos cambiamos o noso cargo menos Sergio que continúa sendo o axudante, xa que, ninguén o ve capacitado para realizar outro cargo.
Tamén comezamos a facer o primeiro punto da campaña : Obxectivos da campaña, realización e documentación.
Valoración:
Laura estivo traballando ben e concentrada facendo o primeiro punto do traballo da 3º avaliación, mentres que Sergio e Andrés estiveron a cambiar o caderno de equipo e a revisar o contido do blog, traballaron ben e concentrados.

Estela estivo un pouco distraída.

1. Obxectivos da campaña, explicación e documentación.

Nome da campaña : Todos contra a violencia de xénero.

Lema : Axuda a reducir os casos de violencia de xénero, aporta o teu grao de area.

O noso principal obxectivo é comezar a previr a violencia de xénero dende a adolescencia, para iso queremos concienciar aos alumnos da E.S.O. O vindeiro 3 de Xuño virá unha muller a explicarnos información sobre a violencia de xénero, e vai ser alí cando presentemos o noso anuncio e a nosa campaña a través dun Power Point aos nenos de 2º da E.S.O.

Antes iamos facer un anuncio para colgar nas carteleiras, pero debido a visita desta muller Ángeles e Eva decidiron que era mellor presentar alí un Power Point.