sábado, 14 de diciembre de 2013

Guión da presentación


Este é o guión da presentación que imos facer o luns e o martes sobre a violencia de xénero, está dividida en rapaces e rapazas porque no noso tema e no da bulimia e anorexia era preciso facelo asi.

martes, 10 de diciembre de 2013

Organización e planificación da enquisa

Organización  :
A nosa enquisa é sobre a violencia de xénero, no noso caso temos que realizada a nenos e nenas de 4º da E.S.O. e 1º de Bacharelato.
Estes son os datos :
Facer a 18 persoas de 4º da E.S.O.(8 nenas e 10 nenos)
Facer a 12 persoas de 1º de Bacharelato (5 nenas e 7 nenos)
Planificación :
Andrés e Sergio farán 15 enquisas ( 12 de 1º de Bacharelato e 3 de 4º da E.S.O.)
Laura e Estela farán 15 enquisas, todas ao alumnado de 4º da E.S.O.
Aproveitaremos para facelas nos recreos e nas entradas e salidas.

A violencia de xénero, exemplo dun caso real

Este caso sucedeu en Santiago un 29 de marzo de 2013. A xunta de Galicia esta a expresar a súa firme condena e repulsa polo posible caso de violencia de xénero que ocorreu en Lugo o mediodía deste mesmo día e que lle custou a vida a unha muller.

O Goberno galego manifesta a súa consternación por este suceso rexeita todo acto de violencia doméstica. O executivo autonómico reitera o seu apoio ás vitimas deste tipo de violencia e fai un chamamento a sociedade e ás mulleres que sofren malos tratos a que presenten denuncas contra o maltratador para que a violencia se poda erradicar.


Carga e análise dos resultados.

A pasada semana estivemos facendo unhas enquisas aos nenos e as nenas de 1º de Bacharelato e 4º da E.S.O. , estes son os resultados.


Rapazas :
1º pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais?
A meirande parte das rapazas din que non lles mandaron ningunha mensaxe, xa sea ameazante ou insultante polas redes sociais. 4 das 17 nenas enquisadas din que si que recibiron algunha destas mensaxes algunha vez, é un número pequeno, pero se se segue dando porde acabar desencadeando violencia de xénero.
2º pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar?
A meirande parte das persoas din que non ou nunca recibiron mensaxes sobre casos de violencia, o que demostra que non somos conscientes de que hai moitos casos día a día e que cada vez é máis frecuente. As demáis nenas responderon que si.
3º pregunta : Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti (amigos, colegas...)?
2 das 17 nenas enquisadas responderon que a súa parella non lle deixa ver a persoas importantes para elas e outra respondeu que as veces, feito que demostra falta de confianza na súa parella. As demáis nenas responderon que non.
4º pregunta: Estate mandando mensaxes continuamente preguntándote o que fas cando estas cos teus amigos?
A meirande parte das nenas responderon que non, 3 nenas responderon que si e 1 as veces, unha vez cada moito tempo non sería importante, pero se é continuo nun futuro pode acabar en violencia de xénero.
5º pregunta: Obrigate a vestirte como él / ela quere ou deixate liberdade ?
A meirande parte das nenas afirman que a súa parella lles deixa liberdade, só unha nena de 1º de Bacharelato afirma que o seu mozo é o que decide a roupa que se ten que poñer.
6ª pregunta: Ponse celoso/a cando estas con outros mozos ou mozas?
A maior parte das persoas responderon que non, só unha nena de bacharelato dixo que si, e dous nenas de 4º afirman que constantemente, polo que nos dous cursos hai parellas, nas que o home se pon celoso cando esta cos seus amigos.
7ª pregunta : Revisate as chamadas do móbil e as mensaxes que mandas ou recibes?
A maioría das persoas responderon que non, en 1º unha respondeu que si, en 4º tres nenas afirman que todolos días, a maioría das nenas que responderon que si ou constantemente creen que os celos son mostras de amor, pero non é así.
8ª pregunta : Provoca peleas cando non fas o que él/ela quere e cando quere?
Só dúas nenas das 17 enquisadas afirman que a súa parella se enfada, se estes enfados desencadean violencia física significa que estan a sufrir violencia de xénero; dúas nenas responderon as veces, e as outras responderon non.
9ª pregunta : Gustariache participar nunha campaña contra a prevención da violencia de xénero?
Para responder a esta pregunta non era necesario ter parella. En 1º de Bacharelato a meirande parte das rapazas non queren participar neste tipo de campañas, as outras dous decantanse por si e por non estaría mal.
As nenas de cuarto gustarialles participar neste tipo de campañas para enterarse do que esta a ocorrer cas mulleres; Outras catro responden que non estaría mal.
10º Pregunta : Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos/as é un indicio de violencia de xénero?
Nesta pregunta tampouco era necesario ter parella, a meirande parte das rapazas de 1º de Bach respondeu que si a esta pregunta, polo que consideran que é un indicio de violencia de xénero, só unha rapaza considerou que depende da situación.
En 4º da E.S.O. a meirande parte das rapazas considerou que dependía da situación, mentres que dous nenas consideraron que si, e outras que non.

Rapaces :
1ª pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais ?
Todos os nenos de 1º responderon que non, polo que parece que os de primeiro non acostuman a recibir mensaxes deste tipo. En 4º seis nenos afirman que non e os outros catro responderon que recibiron algunha destas mensaxes nalgunha ocasión.
2ª pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes polas redes sociais sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar ?
Nos nenos de 1º o normal e non recibilos mentres que entre os nenos de 4º recibenos con máis frecuencia. Catro nenos de 1º e outros catro de 4º afirman que non rebiron estos mensaxes. Un neno de 4º afirma recibilos constantemente, polo que unha pequena parte de nenos de 4º está máis concienciado con isto que esta a pasar.
3ª pregunta :Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti ?
A meirande parte dos nenos de 4º afirman que non, e só tres nenos afirman que as veces. En 1º é todo máis equilibrado, catro nenos responderon que si e outros catro que as veces. En 1º só tres nenos responderon que non, moitos menos que en cuarto.
4ª pregunta : Estate mandando mensaxes continuamente preguntandote o que fas cando saes cos teus amigos?
Todos os nenos de 4º responderon que non, polo que poden facer o que queiran cos seus amigos sin que a súa moza os controle. En 1º tres nenos responderon que a súa moza lle esta a mandar estas mensaxes e catro que non.
5ª pregunta : Obrigate a vestirte como él / ela quere ou deixate liberdade?
Todos os nenos de 1º e 4º responderon que non, e a meirande parte deles con comentarios como : Se me obriga a vestir como ela quere non lle fago caso. O que demostra que nos nenos non é tan importante para eles coma nas nenas.
6ª pregunta : Revisa as mensaxes e as chamadas do móbil ?
Todos os nenos e nenas responderon que non, polo que estan a afirmar que a súa moza non lles controla o móbil.
7ª pregunta : Ponse celoso/a e provoca peleas cando estas con outras mozas/os?
En 1º a maioria dos nenos responderon que non, e só dous responderon que si; en 4º son máis frecuentes os celos, dado que 4 persoas responderon as veces, dúas que si e outras catro que non
8ª pregunta :Provoca peleas cando non fas o que él / ela quere e cando quere?
A maioria dos nenos de 1º e 4º responderon que non, e só unha persoa de 1º e 2 de 4º responderon que as veces.
9ª pregunta : Gustariache participar nunha campaña contra a violencia de xénero?
En 4º é máis común que digan non ou non estaría mal, porque vese que non lles importa demasiado isto porque pensan que é aburrido, en cambio, en 1º dúas personas creen que lles gustaria, outras dous que non estaría mal e os outros tres non queren.
10ª pregunta : Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos é un indicio de violencia de xénero?
A meirande parte de nenos de 4º responderon que consideran que é depende da situación , un neno dixo que si e os outros tres que non, en cambio, en 1º e máis común as respostas de si, as menos comúns son as de non e dous persoas responderon que dependía da situación.

Diario de sesión 15

Data : 
10/12/13
Tarefas realizadas :
Andrés estivo cambiando o deseño do blog e tentando resumir os contidos o máximo posible tal e como nos dixo Susana na valoración da 1ª fase do proxecto.
Laura e Estela estiveron preparando o guión da presentación do vindeiro luns e do martes.
Sergio estivo corrixindo algunhas faltas de ortografía, puido facer máis pero non o fixo.
Valoración : 
Andrés, Laura e Estela estiveron traballando ben, concentrados e facendo o seu traballo; Hoxe traballamos rápido e comezamos a traballar ao chegar á aula de informática porque xa sabiamos o que tiñamos que facer.
Sergio estivo corrixindo algunhas faltas de ortografía, nos lle dixemos que non editase os diarios de sesión, pero  como sempre non fixo caso e limitouse a replicar e a facer o que queria.
A pesar diso, o ambiente foi bo

lunes, 9 de diciembre de 2013

Diario de sesión 14

Data :
9/12/13
Tarefas realizadas :
Laura e Estela comezaron a facer o guión da exposición e Andrés e Sergio tentaron de resolver e corrixir os problemas do blog.
Valoración :
Laura ao principio traballou ben, mentres que Sergio, Estela e Andrés estiveron un pouco distraidos , ao final todos traballamos.

martes, 3 de diciembre de 2013

Diario de sesións 13

Data:
03/12/13
Tarefas realizadas : 
Hoxe estivemos na aula vella, polo que a meirande parte dos ordenadores non iban ben e tivemos que traballar todo o grupo nun ordenador.
Todos os membros do grupo traballamos ben, sen nada que resaltar, traballamos con bastante lentitude porque o número de ordenadores que estabamos a utilizar era moi pequeno.
Teremos que rematar as gráficas na casa.
Valoración:
Todos estivemos traballando ben e concentrados, cómpre destacar a distracción de algúns membros que estaban a falar cos membros doutro grupo, pero polo xeral, o ambiente de traballo foi bo e traballamos todos ben.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Diario de sesións 12

Data : 
02/12/13
Tarefas realizadas :

Andrés e Laura comezaron a facer as gráficas cos resultados da enquisa, aínda lles queda acabar de facelas e elaborar as conclusións. Hoxe comezaron a elaborar as gráficas das mulleres.
Estela non puido facer moito porque se encontraba mal e doialle a cabeza e pouco despois marchou á casa, pero mentres estivo na clase axudou en todo o que puido.
Sergio non fixo nada, estivo vendo videos en youtube que eran completamente alleos ao noso tema de traballo.

Valoración 
Laura e Andrés estiveron traballando ben, axudaronse un ao outro e ao final estivemos moi contentos con eles polo traballo realizado; Estiveron moi concentrados e sendo constante, sen distraerse polos outros membros do grupo que non estaban facendo o adecuado.
Estela estivo axudando un pouco, doíalle a cabeza polo que tampouco queriamos que traballara moito para que non se encontrara peor.
Sergio, non fixo nada durante toda a hora, estivo no seu ordenador vendo videos en youtube. A semana pasada parecia que estaba a mellorar porque se tomaba máis enserio o traballo do grupo, pero parece que esta semana volverá a ser como antes. Sempre pregunta o que ten que facer, porque senón se o decimos non fai nada. 

En xeral, o grupo traballou ben, comparado  co ritmo de sempre cremos que o de hoxe foi moi lento, debido ao malestar de Estela e a que Sergio en vez de adelantar traballo e facer as outras enquisas estivo facendo o que le veu en gana.

domingo, 1 de diciembre de 2013

Deseño e creación dunha enquisa




1.Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais ?

A) SI    B)   NON

2.Enviaronche algunha vez mensaxes polas redes sociais (whatsapp, tuenti, twitter…) sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar ?


A) SI    B) NON    C) CONSTANTEMENTE D) NUNCA

3.Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti (amigos, colegas…)


A) SI    B) NON    C) AS VECES     D) CON FRECUENCIA

4. Estate mandando mensaxes continuamente preguntandote o que fas cando saes cos teus amigos?


A) SI    B) NON    C)AS VECES    D) CON FRECUENCIA



5. Obrigate a vestirte como el/ela quera ou deixate liberdade?


A) COMO EU QUEIRA, DAME LIBERDADE PARA ELIXIR     B) SEMPRE ELIXE ÉL/ELA O QUE ME TEÑO QUE POÑER


6. Ponse celoso/a e provoca peleas cando estas con outros mozos/as ?


A) SI       B) NON    C) CONSTANTEMENTE    D)AS VECES


7. Revisate as chamadas do móbil e as mensaxes que mandas e recibes?


A) SI      B) NON    C) TODOS OS DÍAS


8. Provoca peleas cando non fas o que él quere e cando quere?

A) SI     B) NON     C) AS VECES


9. Gustariache participar nunha campaña contra a violencia de xénero?


A) SI      B) NON     C) NON ESTARIA MAL

10. Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos/as é un indicio de violencia de xénero?


A) SI    B) NON    C) DEPENDE   DA SITUACIÓN