sábado, 14 de diciembre de 2013

Guión da presentación


Este é o guión da presentación que imos facer o luns e o martes sobre a violencia de xénero, está dividida en rapaces e rapazas porque no noso tema e no da bulimia e anorexia era preciso facelo asi.

martes, 10 de diciembre de 2013

Organización e planificación da enquisa

Organización  :
A nosa enquisa é sobre a violencia de xénero, no noso caso temos que realizada a nenos e nenas de 4º da E.S.O. e 1º de Bacharelato.
Estes son os datos :
Facer a 18 persoas de 4º da E.S.O.(8 nenas e 10 nenos)
Facer a 12 persoas de 1º de Bacharelato (5 nenas e 7 nenos)
Planificación :
Andrés e Sergio farán 15 enquisas ( 12 de 1º de Bacharelato e 3 de 4º da E.S.O.)
Laura e Estela farán 15 enquisas, todas ao alumnado de 4º da E.S.O.
Aproveitaremos para facelas nos recreos e nas entradas e salidas.

A violencia de xénero, exemplo dun caso real

Este caso sucedeu en Santiago un 29 de marzo de 2013. A xunta de Galicia esta a expresar a súa firme condena e repulsa polo posible caso de violencia de xénero que ocorreu en Lugo o mediodía deste mesmo día e que lle custou a vida a unha muller.

O Goberno galego manifesta a súa consternación por este suceso rexeita todo acto de violencia doméstica. O executivo autonómico reitera o seu apoio ás vitimas deste tipo de violencia e fai un chamamento a sociedade e ás mulleres que sofren malos tratos a que presenten denuncas contra o maltratador para que a violencia se poda erradicar.


Carga e análise dos resultados.

A pasada semana estivemos facendo unhas enquisas aos nenos e as nenas de 1º de Bacharelato e 4º da E.S.O. , estes son os resultados.


Rapazas :
1º pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais?
A meirande parte das rapazas din que non lles mandaron ningunha mensaxe, xa sea ameazante ou insultante polas redes sociais. 4 das 17 nenas enquisadas din que si que recibiron algunha destas mensaxes algunha vez, é un número pequeno, pero se se segue dando porde acabar desencadeando violencia de xénero.
2º pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar?
A meirande parte das persoas din que non ou nunca recibiron mensaxes sobre casos de violencia, o que demostra que non somos conscientes de que hai moitos casos día a día e que cada vez é máis frecuente. As demáis nenas responderon que si.
3º pregunta : Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti (amigos, colegas...)?
2 das 17 nenas enquisadas responderon que a súa parella non lle deixa ver a persoas importantes para elas e outra respondeu que as veces, feito que demostra falta de confianza na súa parella. As demáis nenas responderon que non.
4º pregunta: Estate mandando mensaxes continuamente preguntándote o que fas cando estas cos teus amigos?
A meirande parte das nenas responderon que non, 3 nenas responderon que si e 1 as veces, unha vez cada moito tempo non sería importante, pero se é continuo nun futuro pode acabar en violencia de xénero.
5º pregunta: Obrigate a vestirte como él / ela quere ou deixate liberdade ?
A meirande parte das nenas afirman que a súa parella lles deixa liberdade, só unha nena de 1º de Bacharelato afirma que o seu mozo é o que decide a roupa que se ten que poñer.
6ª pregunta: Ponse celoso/a cando estas con outros mozos ou mozas?
A maior parte das persoas responderon que non, só unha nena de bacharelato dixo que si, e dous nenas de 4º afirman que constantemente, polo que nos dous cursos hai parellas, nas que o home se pon celoso cando esta cos seus amigos.
7ª pregunta : Revisate as chamadas do móbil e as mensaxes que mandas ou recibes?
A maioría das persoas responderon que non, en 1º unha respondeu que si, en 4º tres nenas afirman que todolos días, a maioría das nenas que responderon que si ou constantemente creen que os celos son mostras de amor, pero non é así.
8ª pregunta : Provoca peleas cando non fas o que él/ela quere e cando quere?
Só dúas nenas das 17 enquisadas afirman que a súa parella se enfada, se estes enfados desencadean violencia física significa que estan a sufrir violencia de xénero; dúas nenas responderon as veces, e as outras responderon non.
9ª pregunta : Gustariache participar nunha campaña contra a prevención da violencia de xénero?
Para responder a esta pregunta non era necesario ter parella. En 1º de Bacharelato a meirande parte das rapazas non queren participar neste tipo de campañas, as outras dous decantanse por si e por non estaría mal.
As nenas de cuarto gustarialles participar neste tipo de campañas para enterarse do que esta a ocorrer cas mulleres; Outras catro responden que non estaría mal.
10º Pregunta : Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos/as é un indicio de violencia de xénero?
Nesta pregunta tampouco era necesario ter parella, a meirande parte das rapazas de 1º de Bach respondeu que si a esta pregunta, polo que consideran que é un indicio de violencia de xénero, só unha rapaza considerou que depende da situación.
En 4º da E.S.O. a meirande parte das rapazas considerou que dependía da situación, mentres que dous nenas consideraron que si, e outras que non.

Rapaces :
1ª pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais ?
Todos os nenos de 1º responderon que non, polo que parece que os de primeiro non acostuman a recibir mensaxes deste tipo. En 4º seis nenos afirman que non e os outros catro responderon que recibiron algunha destas mensaxes nalgunha ocasión.
2ª pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes polas redes sociais sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar ?
Nos nenos de 1º o normal e non recibilos mentres que entre os nenos de 4º recibenos con máis frecuencia. Catro nenos de 1º e outros catro de 4º afirman que non rebiron estos mensaxes. Un neno de 4º afirma recibilos constantemente, polo que unha pequena parte de nenos de 4º está máis concienciado con isto que esta a pasar.
3ª pregunta :Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti ?
A meirande parte dos nenos de 4º afirman que non, e só tres nenos afirman que as veces. En 1º é todo máis equilibrado, catro nenos responderon que si e outros catro que as veces. En 1º só tres nenos responderon que non, moitos menos que en cuarto.
4ª pregunta : Estate mandando mensaxes continuamente preguntandote o que fas cando saes cos teus amigos?
Todos os nenos de 4º responderon que non, polo que poden facer o que queiran cos seus amigos sin que a súa moza os controle. En 1º tres nenos responderon que a súa moza lle esta a mandar estas mensaxes e catro que non.
5ª pregunta : Obrigate a vestirte como él / ela quere ou deixate liberdade?
Todos os nenos de 1º e 4º responderon que non, e a meirande parte deles con comentarios como : Se me obriga a vestir como ela quere non lle fago caso. O que demostra que nos nenos non é tan importante para eles coma nas nenas.
6ª pregunta : Revisa as mensaxes e as chamadas do móbil ?
Todos os nenos e nenas responderon que non, polo que estan a afirmar que a súa moza non lles controla o móbil.
7ª pregunta : Ponse celoso/a e provoca peleas cando estas con outras mozas/os?
En 1º a maioria dos nenos responderon que non, e só dous responderon que si; en 4º son máis frecuentes os celos, dado que 4 persoas responderon as veces, dúas que si e outras catro que non
8ª pregunta :Provoca peleas cando non fas o que él / ela quere e cando quere?
A maioria dos nenos de 1º e 4º responderon que non, e só unha persoa de 1º e 2 de 4º responderon que as veces.
9ª pregunta : Gustariache participar nunha campaña contra a violencia de xénero?
En 4º é máis común que digan non ou non estaría mal, porque vese que non lles importa demasiado isto porque pensan que é aburrido, en cambio, en 1º dúas personas creen que lles gustaria, outras dous que non estaría mal e os outros tres non queren.
10ª pregunta : Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos é un indicio de violencia de xénero?
A meirande parte de nenos de 4º responderon que consideran que é depende da situación , un neno dixo que si e os outros tres que non, en cambio, en 1º e máis común as respostas de si, as menos comúns son as de non e dous persoas responderon que dependía da situación.

Diario de sesión 15

Data : 
10/12/13
Tarefas realizadas :
Andrés estivo cambiando o deseño do blog e tentando resumir os contidos o máximo posible tal e como nos dixo Susana na valoración da 1ª fase do proxecto.
Laura e Estela estiveron preparando o guión da presentación do vindeiro luns e do martes.
Sergio estivo corrixindo algunhas faltas de ortografía, puido facer máis pero non o fixo.
Valoración : 
Andrés, Laura e Estela estiveron traballando ben, concentrados e facendo o seu traballo; Hoxe traballamos rápido e comezamos a traballar ao chegar á aula de informática porque xa sabiamos o que tiñamos que facer.
Sergio estivo corrixindo algunhas faltas de ortografía, nos lle dixemos que non editase os diarios de sesión, pero  como sempre non fixo caso e limitouse a replicar e a facer o que queria.
A pesar diso, o ambiente foi bo

lunes, 9 de diciembre de 2013

Diario de sesión 14

Data :
9/12/13
Tarefas realizadas :
Laura e Estela comezaron a facer o guión da exposición e Andrés e Sergio tentaron de resolver e corrixir os problemas do blog.
Valoración :
Laura ao principio traballou ben, mentres que Sergio, Estela e Andrés estiveron un pouco distraidos , ao final todos traballamos.

martes, 3 de diciembre de 2013

Diario de sesións 13

Data:
03/12/13
Tarefas realizadas : 
Hoxe estivemos na aula vella, polo que a meirande parte dos ordenadores non iban ben e tivemos que traballar todo o grupo nun ordenador.
Todos os membros do grupo traballamos ben, sen nada que resaltar, traballamos con bastante lentitude porque o número de ordenadores que estabamos a utilizar era moi pequeno.
Teremos que rematar as gráficas na casa.
Valoración:
Todos estivemos traballando ben e concentrados, cómpre destacar a distracción de algúns membros que estaban a falar cos membros doutro grupo, pero polo xeral, o ambiente de traballo foi bo e traballamos todos ben.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Diario de sesións 12

Data : 
02/12/13
Tarefas realizadas :

Andrés e Laura comezaron a facer as gráficas cos resultados da enquisa, aínda lles queda acabar de facelas e elaborar as conclusións. Hoxe comezaron a elaborar as gráficas das mulleres.
Estela non puido facer moito porque se encontraba mal e doialle a cabeza e pouco despois marchou á casa, pero mentres estivo na clase axudou en todo o que puido.
Sergio non fixo nada, estivo vendo videos en youtube que eran completamente alleos ao noso tema de traballo.

Valoración 
Laura e Andrés estiveron traballando ben, axudaronse un ao outro e ao final estivemos moi contentos con eles polo traballo realizado; Estiveron moi concentrados e sendo constante, sen distraerse polos outros membros do grupo que non estaban facendo o adecuado.
Estela estivo axudando un pouco, doíalle a cabeza polo que tampouco queriamos que traballara moito para que non se encontrara peor.
Sergio, non fixo nada durante toda a hora, estivo no seu ordenador vendo videos en youtube. A semana pasada parecia que estaba a mellorar porque se tomaba máis enserio o traballo do grupo, pero parece que esta semana volverá a ser como antes. Sempre pregunta o que ten que facer, porque senón se o decimos non fai nada. 

En xeral, o grupo traballou ben, comparado  co ritmo de sempre cremos que o de hoxe foi moi lento, debido ao malestar de Estela e a que Sergio en vez de adelantar traballo e facer as outras enquisas estivo facendo o que le veu en gana.

domingo, 1 de diciembre de 2013

Deseño e creación dunha enquisa




1.Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais ?

A) SI    B)   NON

2.Enviaronche algunha vez mensaxes polas redes sociais (whatsapp, tuenti, twitter…) sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar ?


A) SI    B) NON    C) CONSTANTEMENTE D) NUNCA

3.Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti (amigos, colegas…)


A) SI    B) NON    C) AS VECES     D) CON FRECUENCIA

4. Estate mandando mensaxes continuamente preguntandote o que fas cando saes cos teus amigos?


A) SI    B) NON    C)AS VECES    D) CON FRECUENCIA



5. Obrigate a vestirte como el/ela quera ou deixate liberdade?


A) COMO EU QUEIRA, DAME LIBERDADE PARA ELIXIR     B) SEMPRE ELIXE ÉL/ELA O QUE ME TEÑO QUE POÑER


6. Ponse celoso/a e provoca peleas cando estas con outros mozos/as ?


A) SI       B) NON    C) CONSTANTEMENTE    D)AS VECES


7. Revisate as chamadas do móbil e as mensaxes que mandas e recibes?


A) SI      B) NON    C) TODOS OS DÍAS


8. Provoca peleas cando non fas o que él quere e cando quere?

A) SI     B) NON     C) AS VECES


9. Gustariache participar nunha campaña contra a violencia de xénero?


A) SI      B) NON     C) NON ESTARIA MAL

10. Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos/as é un indicio de violencia de xénero?


A) SI    B) NON    C) DEPENDE   DA SITUACIÓN

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Diario de sesión 11

Data : 
26/11/13
Tarefas realizadas :
Estela e Laura estiveron traballando na enquisa, non puideron rematar, faltan 2 preguntas e Laura rematará na casa.
Andrés colgou un Photopeach con fotos sobre a violencia de xénero e Sergio estivo axudandolle.
Valoración :
Estela estivo traballando concentrada e pensando preguntas para incorporar a enquisa, traballou moi ben, pero aínda pode superarse.
Laura tamén traballou ben, Estela e ela complémentanse moi ben e cando estan xuntas traballan moito e ben.
Andrés segue no mesmo nivel ca sempre, traballa ben e concentrado e sendo constante no seu traballo.
Sergio, todo o equipo está moi contento, porque a principios de curso non traballaba nada, pero agora é moi constante no seu traballo, preocupase polo grupo e traballa satisfactoriamente.
En xeral, o grupo vai ben, non hai que resaltar moito, hai moi bo ambiente e todos traballamos ben, pero aínda podemos superarnos e traballar aínda mellor.

martes, 26 de noviembre de 2013

NON!!!!! A VIOLENCIA DE XÉNERO

NON A VIOLENCIA DE XENERO on PhotoPeach

Diario de sesión 10

Data : 
25/11/13

Tarefas realizadas:
Andrés estivo facendo varios Photopeach con fotos da violencia de xénero.
Sergio estivo buscando videos informativos sobre os temas a tratar.
Laura e Estela estiveron facendo preguntas da enquisa, tiveron que comezar de novo porque Susana lles dixo que as preguntas tiñan que ser máis específicas.

Valoración :
En xeral estivemos traballando ben, sen nada que resaltar, todos estivemos facendo ben o noso traballo e , a vez, estivemos concentrados.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Diario de Sesión 9

Data:
18/11/13
Tarefas realizadas:
Hoxe cambiamos os cargos do grupo, estela pasou a ser a coordinadora, Andrés o secretario, Laura a encargada de material e Sergio continua sendo o axudante, porque cree que non está capacitado para ter obrigacións que despois teñan consecuencias para todos, os demáis para non facer unha disputa estivemos calados.
Tamén vimos se o blog estaba ben : As cores, a traducción ao galego, a ortografía, os diarios de sesión ao día, o plan de investigación, etiquetas...
Comezamos a facer as preguntas da enquisa, fixemos seis, aínda temos que facer catro.
Tivemos que estar os catro nun ordenador porque non había internet.
Valoración :
Estela : Estela estivo distraída ao principio, pero logo de insistir en que se concentrara para poder facer ben o traballo concentrouse e traballou ben.
Andrés : Andrés tamén estaba un pouco distraído, pero ao final conseguiu concentrarse e axudarnos coa enquisa.
Sergio : Nesta sesión Sergio estivo concentrado, traballou ben e suxiriu varias preguntas para a enquisa. Pero as veces, propoñia preguntas mentres outros compañeiros do equipo propoñian outras, enton os interrumpia, ademáis de que non paraba de decir a pregunta ata que o antendesemos, e  as veces, tiñamos que deixar de prestarlle atención ao outro compañeiro que estaba a falar.
Laura : Traballou ben, suxiriu preguntas pero tamén distraiuse un pouco.

En xeral, traballamos ben, creemos que a causa das nosas distraccións foi un compañeiro dun grupo que estaba ao noso lado, que nos estaba molestando.

martes, 5 de noviembre de 2013

Diario de sesión 8

Data :
 5/11/13
Tarefas realizadas : 


 Estivemos completando o guión  e practicamos a exposición oral do luns.
 
Valoración :

Todos traballamos ben . Ao principio estábamos distraídos pero despois traballamos concentrados.

lunes, 4 de noviembre de 2013

Diario de sesión 7

Data :
4/11/13
Tarefas realizadas : 


Laura e Estela estiveron facendo o guión para a exposición oral e resumindo os contidos para que podamos expoñer todo no tempo establecido.

Foron asignados cada un dos puntos do traballo a cada persoa.

Andrés fixo un Power Point no que escribiu as causas da violencia de xénero.

Sergio copiou e pegou 12 imaxes nun word.

Temos que facer os diarios de sesión na casa porque a meirande parte dos ordenadores que utilizamos aínda seguen co aceso a blogger bloqueado, polo que é imposible colgar entradas novas.


Valoración :


Todos traballamos ben, hai que destacar que Laura esta facendo un bo traballo co blog, xa que é a responsable de que este actualizado e de que esten todos os diarios de sesión e a información colgada no blog.

Tamén hai que destacar que Estela esta traballando concentrada e axudando nas tarefas.

Andrés pola súa parte esta facendo tamén un bo traballo, xa que sempre fai un Power Point que explique mediante diapositivas os temas a tratar.

Sergio parecía que iba a mellorar, e estabao facendo pero hoxe só buscou imaxes e as pegou nun word, dende o punto de vista dos demáis fixo menos da metade que os demáis fixemos, ademáis que pensamos que pegar fotos nun word é algo demasiado sinxelo e que se pode facer en cinco minutos, polo que cremos que non fixo todo o que puido facer e non traballou ben durante a hora.

martes, 29 de octubre de 2013

A violencia de xénero, cómo intervir?, cómo erradicala?

Cómo intervir?, Cómo erradicalo?


Dende o inicio do século XXI, a erradicación da violencia de xénero é unha das asignaturas pendentes máis importantes da humanidade.
A violencia de xénero está recoñecida como unha cuestión de dereitos humanos e ten altos costes sociais, sanitarios e económicos para as persoas e a sociedade. Nunha Conferencia Mundial sobre as mulleres, dicíase que  “A violencia contra as mulleres é un obstáculo para lograr os obxectivos da igualdade, desenvolvemento e paz e menoscaba o disfrute dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais”.

OBXECTIVOS:


-Facer ver ás persoas os inconvintes da violencia de xénero.

- Elaborar documentos sobre a violencia de xénero para realizalos non centros educativos para ensinar aos nenos e nenas máis cousas sobre a violencia de xénero.
-  Elaborar materiais que permitan coñecer mellor os casos da violencia de xénero.

-Formar as persoas que queran mellorar o seu entorno.
d    



-       







Diario de sesión 6

Data:
21/13
Tarefas realizadas/Pendentes/Acordos...: 



Laura e Estela estiveron facendo un documento de Word sobre como erradicar a violencia de xénero. Andrés e Sergio estiveron buscando casos reais da violencia de xénero. Andrés fixo tamén un photo peach con fotos sobre o tema.


Valoración:

Estela e Laura estiveron traballando ben concentradas, estiveron toda a hora facendo o seu traballo. Andrés estivo traballando ben concentrado e soubo aproveitar ben a hora.
Sergio esforzouse bastante, fixo un word, e traballou ben, parece que mellorou.

lunes, 28 de octubre de 2013

¿Cómo previr a violencia de xénero?

Diario de sesión 5

Data:
28/10/13
Tarefas realizadas/Pendentes/Acordos...:


Hoxe estivemos facendo un traballo sobre como previr a violencia de xénero. 
Andrés estivo facendo documentos de word e power point con Sergio deste mesmo tema.
Laura e Estela estiveron buscando información e informandose  sobre o tema.




Valoración:

Laura e Estela estiveron traballando ben e buscando información sobre como previr a violencia de xénero. 
Andrés estivo traballando concentrado e Sergio estivo esforzandose máis cos outros días.
Laura tivo que irse antes da clase porque tiña que ir ao dentista

miércoles, 23 de octubre de 2013

Causas da violencia de xénero


4. CAUSAS

Poden existir diversas causas, dende vivir unha infancia e adolescencia dentro dunha familia onde había insultos e o pai era agresivo, de maneira que se lles fixo natural actuar desa forma.

Tamén polo alcoholismo e drogadicción (causas moi frecuentes), temas económicos, infedelidades, onde a esposa dase conta das traicións e ao reprochar por resposta recibe insultos e golpes.

Ou simplemente porque naceu “así” con maldad nos seus xenes, e non pode evitar responder máis que con agravios e martirizar a quen ten ao seu lado, ante que manter unha conversación.

As víctimas por xeral son personas que temen a todo e moi dependentes(mulleres con fillos que traballan na casa)


martes, 22 de octubre de 2013

¿Cales son os sintomas?

3. ¿CALES SON OS SINTOMAS QUE NOS AXUDAN A DETECTALO?

Estas son algunhas das preguntas que forman parte dun test para comprobar se es vítima da violencia de xénero.
Faite sentir inferior, tonta ou inútil.
Critica e descalifica a túa familia, aos teus amigos e aos vecinos ou impídete relacionarte con eles, ponse celoso o provoca unha pelea.
Controlate o diñeiro, a forma de vestir, as túas chamadas, lecturas, relacións, tempo…
Gritate, insúltate, enfadase, ameazate a ti ou aos teus fillos.
Date ordenes e decide o que ti podes facer.
Faite sentir culpable : Ti tes a culpa de todo.
Destruye obxectos que son importantes para ti.

¿A qué se debe a violencia de xénero?

2. ¿A QUÉ SE DEBE?
Non hay explicacións únicas, pero si factores de risco de condutas que empeoran ou desencadean resposta violenta. Algúns dos factores de risco máis importantes serían por unha parte os valores e as actitudes sexistas, asi como as crenzas estereotipadas interiorizadas sobre os homes e as mulleres que teñen o seu orixe na cultura patriarcal.
A violencia de xénero non sólo recae nas mulleres, senon tamén en todo aquello que represente os valores femeninos.

¿Qué é a violencia de xénero?

1.     ¿QUÉ É?
A violencia de xénero é unha forma de violencia física ou psicolóxica contra calquera persoa con base no sexo ou xénero que afecta negativamente á súa identidade social, física e psicolóxica.

- VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES :
É un feito coñecido desde a antigüedade e é recoñecido como un problema social. A organización das Nacións Unidas ratificou a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que afirma que a violencia doméstica é un grave atentado dos dereitos humanos de mulleres e nenas.
- VIOLENCIA CONTRA OS HOMES
A violencia contra os homes é un tipo de abusos contra os seres humanos de sexo masculino. Normalmente, non se dá tan periódicamente como a das mulleres pero iso non quere dicir que non este presente nas nosas vidas.


Novo nome do blog

Ola! Publicamos esta entrada para que vos decatedes de que o diseño de blog e o nome non é o mesmo, tivemos que cambialo para que se adaptase ao noso tema do proxecto de cidadanía : A prevención da violencia de xénero.
Moitas apertas,
Os autores de ATRÉVETE A FOMENTAR A IGUALDADE

Diario de sesión 4

Data:
22/10/13
Tarefas realizadas/Pendentes/Acordos...:



Andrés e Sergio estiveron buscando información sobre as consecuencias e os síntomas da violencia de xénero e fixeron un Power Point sobre estas cuestións. Estela e Laura estiveron adaptando o blog a o tema de cidadanía: Mellorando o diseño, cambiando o título e a dirección.




Valoración:

Todos estivemos traballando ben. Despois de falar con Maricarmen parace que o grupo funciona mellor, todos son conscientes das tarefas que teñen que realizar. Non hai nada que resaltar.

lunes, 21 de octubre de 2013

Diario de sesión 3

Data:
21/13
Tarefas realizadas/Pendentes/Acordos...: 
Hoxe estivemos facendo un documento de Word sobre a procura de información do noso tema de traballo;
Tamén estivemos buscando fotografías sobre a violencia de xénero. Non puidemos facer a entrada do diario de sesión porque nos nosos ordenadores non temos acceso ao blog debido a protección infantil, polo que cremos que teremos que facer todos os diarios de sesión na casa.





Valoración:
Laura e Estela estiveron traballando ben, e puideron acabar o traballo sobre a procura de información dez minutos antes de que acabase a clase e puxeronse a facer o diario de sesión. Estela estivo traballando ben, concentrada, e Laura tamen. Andrés estivo buscando fotos sobre a prevención, fixo un Photo peach ( programa que serve para subir unha secuencia de fotos) e acabouno. Sergio non fixo nada, dixemoslle que tiñamos que ir en parellas e que él tiña que buscar información e fotografías  con Andrés pero el continuou facendo o que lle viño en gana no seu ordenador.  Estivemoslle recordandolle durante a clase que tiña que traballar con Andrés pero el seguia ao seu.

A PROCURA DE INFORMACIÓN

A PROCURA DE INFORMACIÓN:

Se imos procurar información no noso buscador (google, bing…) e escribimos as palabras do noso tema entre comillas :”Prevención da violencia de xénero”; Aparecen ligazóns que nos levan a páxinas con: programas de sensibilización contra a violencia de xénero, cursos online contra a violencia de xénero,  estratexias didácticas…






Se buscamos no noso buscador : Prevención da violencia de xénero  España/Galicia, encontraremos casas da  prevención da violencia de xénero en España e Galicia. Aparecen casos como: Mulleres asesinadas por violencia de xénero,algúns  pdf sobre a violencia de xénero en Galicia, noticias en xornais sobre a violencia de xénero e datos estadísticos que indican a mortalidade provocada por este tema.



Se buscamos no noso buscador: Prevención da violencia de xénero  2000…2006, encontraremos datos sobre a violencia de xénero que abarcan estas datas, por exemplo: Leis para a prevención da violencia de xénero, informes, redes feministas e algúns pdf sobre violencia de xénero en escolas e cidades de todo o mundo.

En ambolos tres casos tamén aparecen comentarios en blogs e redes sociais de mulleres que queren previr a violencia e falando de casos reais.
Tamén se estan a relizar campañas para a prevención en diferentes partes de Galicia.

martes, 8 de octubre de 2013

ETIQUETAS

Na parte superior dereita do noso blog como podedes observar, vese un gadget co titulo de "Etiquetas", nese gadget apareceran enlaces que vos levaran directamente aos diarios de sesión e ao caderno de equipo, agardamos que vos sexa máis doado entontrar as diferentes entradas deste blog

 Moitas apertas:

Autores de  REGALIZ VERMELLO



Diario de sesión 2

Nesta clase de cidadanía estivemos en grupos e isto é o que fixemos
Data:
8/10/13
Tarefas realizadas/Pendentes/Acordos...: 
 Comezamos a buscar información sobre o noso tema de traballo "A prevención contra a violencia de xénero". 
Deunos tempo a responder as preguntas : ¿Que é a violencia de xénero?, ¿Que é a violencia contra os homes?,  ¿E contra as mulleres? e ¿A que se debe? . Tamén encontramos uns ligazóns con información sobre a prevención.
Ao finalizar gardamos os documentos en Google Drive, para que todos puideran acceder a este dende a súa casa, so iniciando sesión no noso correo electrónico.
Tivemos que publicar o diario de sesión na casa, porque  non nos demos conta do tempo.







Valoración:
Deu tempo a asentar as bases do proxecto contra a Prevención da violencia de xénero. Todos traballamos ben, sen salientar nada importante. Algúns fixeron máis que outros, pero cremos que Iso é normal porque non todos temos o mesmo ritmo, pero todos estivemos traballando toda a hora.

lunes, 7 de octubre de 2013

Diario de Sesión 1

Data:
7/10/13

Tarefas realizadas/Pendentes/ Acordos...:


Empezamos a elaborar as normas do grupo. Establecemos os postos de traballo e asignamos as obrigas de cada un. Eliximos un logo para o grupo.
Quedou pendente elaborar máis normas e establecer máis obrigas en cada posto; Non nos deu tempo a facelo porque consideramos que o tempo era escaso.
Non puidemos acceder ao noso blog, porque o ordenador ten activada a protección infantil.





Valoración:
Non deu tempo a completar todo o caderno de equipo.
Todos os membros do equipo traballamos ben e todos estivemos propuxendo novas normas do grupo e obrigas para os postos de traballo.

Caderno de equipo

CADERNO DE EQUIPO




Nome do Equipo
Logotipo

ATREVETE A FOMENTAR A IGUALDADE














MEMBROS do EQUIPO.

nome
Contacto (email…)
Alta/ baixa no equipo
Andrés Pérez Comesaña
Grupocooperativo.salesianos@gmail.com
7/10/13
Estela Pena Míguez
Grupocooperativo.salesianos@gmail.com
7/10/13
Laura Muñoz Campos
Grupocooperativo.salesianos@gmail.com
7/10/13
Sergio Falagán Carballo
Grupocooperativo.salesianos@gmail.com
7/10/13






NORMAS DO EQUIPO

nome
Data incorporación
Non rirse das opinión dos demais
7/10/13
Respetar aos membros do noso grupo
7/10/13
Compromiso co grupo
7/10/13
Ser responsables á hora de traer material e cousas que serán necesarias
7/10/13
Intervir con orde e sen interromper aos demais membros
7/10/13
Facer as tarefas que manda Susana na clase no tempo mínimo
7/10/13
Se algún membro do grupo vai faltar e ten que traer algo importante(material etc.) que intente avisar con antelación.
7/10/13





Cargos e Funcións

Cargo
Funcións e tarefas
Data incorporación
Coordinador:
Laura Muñoz Campos (7/10/13 - 18/11/13)
Estela Pena Míguez (18/12/13-14/5/14)
Andrés Pérez Comesaña

(14/5/14)
 Encargado de que os demáis compañeiros do grupo manteñan o nivel axeitado de silencio
7/10/13
Comprobar se os membros do grupo teñen as tarefas ao día
18/11/13
Recordar día a día a os membros do grupo o que deben facer
18/11/13








Secretario
Estela Pena Míguez (7/10/13-18/11/13)
Andrés Pérez Comesaña (18/11/13-14/5/14)
Laura MuñozCampos
(14/5/14)
Gardar as fotocopias, impresos... etc que se lle dean ao grupo
7/10/13
Gardar o que sobra de calquera material ata que o utilicemos noutra ocasión
7/10/13










Responsable do material:
Andrés Pérez Comseaña (7/10/13-18/11/13)
Laura Muñoz Campos (18/11/13-14/5/14)
Estela Pena Míguez
(14/5/14)
Traer o material necesario e na data na que se indique
7/10/13












Axudante:
Sergio Falagán Carballo
(7/10/13-14/5/14)
Se o encargado de material, por calquera motivo, non trae o material, él será o encargado de traelo
7/10/13
Tirar o material sobrante despois de facer unha tarefa a papeleira
7/10/13
Se algún membro do grupo falta, este terá que sustituilo
7/10/13














Os cargos serán rotativos, podemos E iremos engadindo tarefas e funcións …