| Data: 21/13 |
Tarefas realizadas/Pendentes/Acordos...:
Hoxe estivemos facendo un documento de Word sobre a procura de información do noso tema de traballo;
Tamén estivemos buscando fotografías
sobre a violencia de xénero. Non puidemos facer a entrada do diario de
sesión porque nos nosos ordenadores non temos acceso ao blog debido a protección infantil, polo que cremos que teremos que facer todos os diarios de sesión na casa.
|
Valoración:
Laura e Estela estiveron traballando
ben, e puideron acabar o traballo sobre a procura de información dez minutos antes de que
acabase a clase e puxeronse a facer o diario de sesión. Estela estivo
traballando ben, concentrada, e Laura tamen. Andrés estivo buscando fotos sobre a prevención, fixo un Photo peach ( programa que serve para subir unha secuencia de
fotos) e acabouno. Sergio non fixo nada, dixemoslle que tiñamos que ir en parellas e que él tiña que buscar información e fotografías con Andrés pero el continuou facendo o que lle viño en gana no seu ordenador. Estivemoslle recordandolle durante a clase que tiña que traballar con Andrés pero el seguia ao seu.
|
Blog dun grupo cooperativo do colexio Salesianos. Creado por : Estela P.M Laura M.C Andrés P.C Sergio F.C
lunes, 21 de octubre de 2013
Diario de sesión 3
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario