A pasada semana estivemos facendo unhas enquisas aos nenos e as nenas de 1º de Bacharelato e 4º da E.S.O. , estes son os resultados.
Rapazas :
1º pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais?
A meirande parte das rapazas din que non lles mandaron ningunha mensaxe, xa sea ameazante ou insultante polas redes sociais. 4 das 17 nenas enquisadas din que si que recibiron algunha destas mensaxes algunha vez, é un número pequeno, pero se se segue dando porde acabar desencadeando violencia de xénero.
2º pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar?
A meirande parte das persoas din que non ou nunca recibiron mensaxes sobre casos de violencia, o que demostra que non somos conscientes de que hai moitos casos día a día e que cada vez é máis frecuente. As demáis nenas responderon que si.
3º pregunta : Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti (amigos, colegas...)?
2 das 17 nenas enquisadas responderon que a súa parella non lle deixa ver a persoas importantes para elas e outra respondeu que as veces, feito que demostra falta de confianza na súa parella. As demáis nenas responderon que non.
4º pregunta: Estate mandando mensaxes continuamente preguntándote o que fas cando estas cos teus amigos?
A meirande parte das nenas responderon que non, 3 nenas responderon que si e 1 as veces, unha vez cada moito tempo non sería importante, pero se é continuo nun futuro pode acabar en violencia de xénero.
5º pregunta: Obrigate a vestirte como él / ela quere ou deixate liberdade ?
A meirande parte das nenas afirman que a súa parella lles deixa liberdade, só unha nena de 1º de Bacharelato afirma que o seu mozo é o que decide a roupa que se ten que poñer.
6ª pregunta: Ponse celoso/a cando estas con outros mozos ou mozas?
A maior parte das persoas responderon que non, só unha nena de bacharelato dixo que si, e dous nenas de 4º afirman que constantemente, polo que nos dous cursos hai parellas, nas que o home se pon celoso cando esta cos seus amigos.
7ª pregunta : Revisate as chamadas do móbil e as mensaxes que mandas ou recibes?
A maioría das persoas responderon que non, en 1º unha respondeu que si, en 4º tres nenas afirman que todolos días, a maioría das nenas que responderon que si ou constantemente creen que os celos son mostras de amor, pero non é así.
8ª pregunta : Provoca peleas cando non fas o que él/ela quere e cando quere?
Só dúas nenas das 17 enquisadas afirman que a súa parella se enfada, se estes enfados desencadean violencia física significa que estan a sufrir violencia de xénero; dúas nenas responderon as veces, e as outras responderon non.
9ª pregunta : Gustariache participar nunha campaña contra a prevención da violencia de xénero?
Para responder a esta pregunta non era necesario ter parella. En 1º de Bacharelato a meirande parte das rapazas non queren participar neste tipo de campañas, as outras dous decantanse por si e por non estaría mal.
As nenas de cuarto gustarialles participar neste tipo de campañas para enterarse do que esta a ocorrer cas mulleres; Outras catro responden que non estaría mal.
10º Pregunta : Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos/as é un indicio de violencia de xénero?
Nesta pregunta tampouco era necesario ter parella, a meirande parte das rapazas de 1º de Bach respondeu que si a esta pregunta, polo que consideran que é un indicio de violencia de xénero, só unha rapaza considerou que depende da situación.
En 4º da E.S.O. a meirande parte das rapazas considerou que dependía da situación, mentres que dous nenas consideraron que si, e outras que non.
Rapaces :
1ª pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes ofensivas polas redes sociais ?
Todos os nenos de 1º responderon que non, polo que parece que os de primeiro non acostuman a recibir mensaxes deste tipo. En 4º seis nenos afirman que non e os outros catro responderon que recibiron algunha destas mensaxes nalgunha ocasión.
2ª pregunta : Enviaronche algunha vez mensaxes polas redes sociais sobre casos de violencia de xénero que se estan a dar ?
Nos nenos de 1º o normal e non recibilos mentres que entre os nenos de 4º recibenos con máis frecuencia. Catro nenos de 1º e outros catro de 4º afirman que non rebiron estos mensaxes. Un neno de 4º afirma recibilos constantemente, polo que unha pequena parte de nenos de 4º está máis concienciado con isto que esta a pasar.
3ª pregunta :Non te deixa ver a algunhas persoas que son importantes para ti ?
A meirande parte dos nenos de 4º afirman que non, e só tres nenos afirman que as veces. En 1º é todo máis equilibrado, catro nenos responderon que si e outros catro que as veces. En 1º só tres nenos responderon que non, moitos menos que en cuarto.
4ª pregunta : Estate mandando mensaxes continuamente preguntandote o que fas cando saes cos teus amigos?
Todos os nenos de 4º responderon que non, polo que poden facer o que queiran cos seus amigos sin que a súa moza os controle. En 1º tres nenos responderon que a súa moza lle esta a mandar estas mensaxes e catro que non.
5ª pregunta : Obrigate a vestirte como él / ela quere ou deixate liberdade?
Todos os nenos de 1º e 4º responderon que non, e a meirande parte deles con comentarios como : Se me obriga a vestir como ela quere non lle fago caso. O que demostra que nos nenos non é tan importante para eles coma nas nenas.
6ª pregunta : Revisa as mensaxes e as chamadas do móbil ?
Todos os nenos e nenas responderon que non, polo que estan a afirmar que a súa moza non lles controla o móbil.
7ª pregunta : Ponse celoso/a e provoca peleas cando estas con outras mozas/os?
En 1º a maioria dos nenos responderon que non, e só dous responderon que si; en 4º son máis frecuentes os celos, dado que 4 persoas responderon as veces, dúas que si e outras catro que non
8ª pregunta :Provoca peleas cando non fas o que él / ela quere e cando quere?
A maioria dos nenos de 1º e 4º responderon que non, e só unha persoa de 1º e 2 de 4º responderon que as veces.
9ª pregunta : Gustariache participar nunha campaña contra a violencia de xénero?
En 4º é máis común que digan non ou non estaría mal, porque vese que non lles importa demasiado isto porque pensan que é aburrido, en cambio, en 1º dúas personas creen que lles gustaria, outras dous que non estaría mal e os outros tres non queren.
10ª pregunta : Consideras que ter moitos celos e que te prohiba estar cos teus amigos é un indicio de violencia de xénero?
A meirande parte de nenos de 4º responderon que consideran que é depende da situación , un neno dixo que si e os outros tres que non, en cambio, en 1º e máis común as respostas de si, as menos comúns son as de non e dous persoas responderon que dependía da situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario