lunes, 2 de diciembre de 2013

Diario de sesións 12

Data : 
02/12/13
Tarefas realizadas :

Andrés e Laura comezaron a facer as gráficas cos resultados da enquisa, aínda lles queda acabar de facelas e elaborar as conclusións. Hoxe comezaron a elaborar as gráficas das mulleres.
Estela non puido facer moito porque se encontraba mal e doialle a cabeza e pouco despois marchou á casa, pero mentres estivo na clase axudou en todo o que puido.
Sergio non fixo nada, estivo vendo videos en youtube que eran completamente alleos ao noso tema de traballo.

Valoración 
Laura e Andrés estiveron traballando ben, axudaronse un ao outro e ao final estivemos moi contentos con eles polo traballo realizado; Estiveron moi concentrados e sendo constante, sen distraerse polos outros membros do grupo que non estaban facendo o adecuado.
Estela estivo axudando un pouco, doíalle a cabeza polo que tampouco queriamos que traballara moito para que non se encontrara peor.
Sergio, non fixo nada durante toda a hora, estivo no seu ordenador vendo videos en youtube. A semana pasada parecia que estaba a mellorar porque se tomaba máis enserio o traballo do grupo, pero parece que esta semana volverá a ser como antes. Sempre pregunta o que ten que facer, porque senón se o decimos non fai nada. 

En xeral, o grupo traballou ben, comparado  co ritmo de sempre cremos que o de hoxe foi moi lento, debido ao malestar de Estela e a que Sergio en vez de adelantar traballo e facer as outras enquisas estivo facendo o que le veu en gana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario